Si, todos sabemos que Instagram está cheo de fotografías de comida, pés e gatos, pero unha nai australiana quixo sorprender ao mundo amosando as obras de arte que fai para o seu fillo Jacob, dando á súa comida formas dos seus personaxes de ficción favoritos.
Coido que seguir @jacobs_food_diaries en Instagram é case unha obriga, e aínda que actualmente ten medio milleiro de seareiros, tras a súa mención en Mashable sospeito que vai incrementarse de xeito importante o volume de persoas que queren estar ao día sobre as creacións desta muller de Melbourne.
Aínda que as versións gastronómicas de Mr. Peabody, Gonzo, Simba, Pinocho, Kung Fu Panda, Donald, Epi e Brais, os Minions ou os Angry Birds ou Mike sexan unha pasada, coido que a máis impresionante é a recreación super-realista da ra Gustavo. O único malo que vexo a esas creación é que en vez de provocar ganas de comelas, dá magoa estragalas.
Debe estar conectado para enviar un comentario.