A cafetaría TARDIS celebra o seu primeiro aniversario o sábado

O ano pasado abriu na Coruña unha libraría-cafetaría moi especial, que serve tamén de centro social friki, a TARDIS, e agora que cumpre un ano vai celebralo cunha festa...

TARDIS NIGHT

O ano pasado abriu na Coruña unha libraría-cafetaría moi especial, que serve tamén de centro social friki, a TARDIS, e agora que cumpre un ano vai celebralo cunha festa de aniversario, a primeira TARDIS NIGHT, na que videoxogos, películas, xogos de mesa, comida e bebida completarán unha xornada chea de ofertas, mini torneos e actividades especiais. Con cada consumición participarase no sorteo dun lote especial de película + camiseta + consumicións.

A min píllame por Melide, que se non… pasaría por alí aínda que fose só para berrar… Allons-y!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS