Coa colaboración da Escola de Novas Tecnoloxías Interactivas, Marina Amores conseguiu facer realidade unha produción documental titulada Mujeres+Videojuegos na que busca abordar un tema moi polémico: por que o rol das mulleres na industria dos videoxogos é secundario cando na práctica preto da metede dos usuarios son femininos?
O documental agradécese especialmente por chegar dunha muller que ten demostrado sobradamente saber desta industria, como podemos ver nas súas achegas a Zehngames e Eurogamer, e incluso no seu anterior documental, Detrás del videojuego:
Cómpre comentar que ao ser a autora unha «tola do Monkey Island» e do resto de obras de LucasArts resulta difícil buscarlle pegas ao seu traballo. 😉 O mellor é aplaudir que dedicase parte do seu tempo a producir unhas pezas audiovisuais enriquecedoras e que chaman á reflexión.
Debe estar conectado para enviar un comentario.