O cosplay pode chegar a niveis elevadísimos cando é obra de auténticos profesionais da maquillaxe, como Julian Checkley, quen conseguira certa sona hai un par de anos pola súa caracterización de Darth Malgus, e agora volve á excelencia cando está a piques de saír o xogo Batman: Arkham Knight amosando a súa recreación do traxe de Batman: Arkham Origins.
Para facer o traxe Checkley pintou numerosas pezas impresas en 3D por Kevin LeProps, contando cun guantelete que bota bolas de lume, un batarang que pode pregarse e un mini-ordenador no antebrazo para o modo detective, detalles que igual non poden apreciarse ben na sesión fotográfica que fixeron dende Order 66 Creatures and Effects, pero que demostra que se tomaron o traballo moi en serio.
Supoño que nos vindeiros días veremos o traxe en acción e aínda quedaremos máis alucinado.
Queda dmostrado que a impresión 3D está a revolucionar o mundo do cosplay, e en combinación con habilidade á hora de pintar e cunha boa maquillaxe pódese incluso superar ao que vemos na grande pantalla (pois no cosplay o resultado é final e non ter efectos especiais aplicados en post-produción).
Debe estar conectado para enviar un comentario.