A canción de Son Goku

Víctor Grande dedicou unha canción a Son Goku á que víñanlle moi ben unha serie de imaxes da serie para facilitar o facer memoria da serie que máis callou...

Víctor Grande dedicou unha canción a Son Goku á que víñanlle moi ben unha serie de imaxes da serie para facilitar o facer memoria da serie que máis callou na TVG:

A mágoa de revisar a canción con imaxes é que detectamos algunha imprecisión na letra da canción. 🙁

Aquí o Sr. Rosmón en acción:

– A Son Goku tivéronlle que cortar o rabo cando se converteu en mono no castelo de Pilaf. No Torneo de Artes Marciais solucionaron o asunto destruíndo a lúa.

– O superguerreiro que levou á primeira morte de Son Goku non foi Vexeta, senón Radyx, o irmán de Son Goku.

– O descubrimento do poder de Son Gohanda non tivo máis consecuencia que descubrir que os fixos de humanos e guerreiros do espazo eran máis fortes (a viaxe de Vexeta a Namek non tivo nada que ver co tema).

– Son Goku non só non matou a Freezer, senón que a Forza Universal só foi un dos moitos ataques que lle lanzou. De feito, o que máis dano fixo a Freezer foi o seu propio ataque (que tras un descoido o cortou en anaquiños). Quen matou realmente a Freezer foi o Toranks do futuro.

– Nin que dicir ten que os biscoitos e as galletas non son o mesmo (por poito que en inglés exista a palabra biscuit).

#PorUnDragonBallSuperEnGalego

Esta é unha boa ocasión como outra calquera para lembrar a reivindicación da dobraxe ao galego de Dragon Ball Super, serie que sairá no Xapón no verán:

Podedes sumarvos á páxina de Facebook sobre esta campaña.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS