Os mellores inventos futuristas

Glove e Boots seguen a facer das súas, a na última semana publicaron unha divertida escolma de inventos futuristas: A espada de luz é un dos inventos máis flipantes...
As espadas de luz molan, pero tamén é super-friki ter unha foto de Bill Preston (o amigo de Ted Theodore Logan) na parede ;)

As espadas de luz molan, pero tamén é super-friki ter unha foto de Bill Preston (o amigo de Ted Theodore Logan) na parede

Glove e Boots seguen a facer das súas, a na última semana publicaron unha divertida escolma de inventos futuristas:

A espada de luz é un dos inventos máis flipantes que amosan, pero «tecnicamente é de hai moito tempo nunha galaxia moi lonxana», polo que non contaría, de xeito que eu o que máis destacaría sería o desparafusador sónico. Si, eu tampouco teño nin idea do que fai realmente, pero como é o trebello co que o Doutor o arranxa todo… Ah, e tamén bastante razón no da holocuberta: se podes facer un mundo virtual perfecto, hai motivos para volver á realidade? E se non é perfecto, sempre podes facer un mundo virtual dentro do mundo virtual… e así sucesivamente… (Inception!). 😀

Aínda que nos últimos días co que o están a rachar é coa súa parodia do Uptown Funk:

«Don’t beleive me just watch» 😉

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS