Nos últimos anos vemos como intentan colarnos hologramas en concertos e espectáculos de distinto tipo, pero a brasileira ZW Design fixo un achegamento moi diferente a esta tecnoloxía, e aplica holografía real a figuras físicas como unha de Son Goku que nos permite ver como sería un superguerreiro facendo unha onda vital dun xeito moito máis molón de como se pode ver en moitas películas:
A formación da onda vital é realmente impresionante, pero o das lapas para facer da enerxía de superguerreiro tamén queda tremendo. No blogue de ZW Design explican como fan o efecto, e teñen moita razón ao dicir que a holografía está moi pouco explotada. Eu xa vin cousas semellantes na EXPO de Sevilla do ano 1992, pero vese que os efectos dixitais se impuxeron aos efectos ópticos. Non estaría mal recuperar un pouco este tipo de maxia visual, principalmente en exposicións e espectáculos presenciais.