O fotógrafo François Dourlen está a desenvolver un proxecto artístico bastante simpático que consiste en fotografar localizacións cotiás ás que engade un iPhone cunha imaxe na pantalla que foi que a realidade sexa partícipe de secuencias de ficción dun xeito moi gracioso. Vaia, que en vez de facer realidade aumentada estaría a experimentar coa ¿realidade ficcionada?
Moi recomendable seguilo para botar unhas risas, e para que teñades unha boa mostra do seu traballo, velaquí unha escolma das súas instantáneas:
Aínda que admito que unha das imaxes que me parece mellor é a que axuda a facerse unha idea da diferencia de tamaño do iPhone 5 e o iPhone 6 Plus:
Vese que aos propietarios do smartphone co tamaño ideal medráronlle as mans nos últimos anos. 😛
Debe estar conectado para enviar un comentario.