The Flash correrá nos nosos televisores no outono

Admito que a serie televisiva de The Flash de 1990, nacida á sombra do Batman de Tim Burton, era unha frikada moi do meu agrado, pois nos seus 22...

The Flash

Admito que a serie televisiva de The Flash de 1990, nacida á sombra do Batman de Tim Burton, era unha frikada moi do meu agrado, pois nos seus 22 episodios conseguiu trasladar a un personaxe do cómic conservando a súa ridícula galería de viláns á vez que escurecía o ambiente para adaptalo aos gustos da época (o traxe estaba claramente inspirado no de Batman, a banda sonora corría da man de Danny Elfman e incluso Central City parecía sacada dunha novela de cine negro, en vez de ser a poboación luminosa da banda deseñada). Pero esa serie non conseguiu cifras de audiencia que propiciasen a súa renovación, posiblemente por emitirse nun contorno no que os mundo dos comics non invadira dun xeito tan amplo as pantallas, e agora The CW quere devolver ao personaxe á pequena pantalla.

The FlashVexo moi difícil facer unha serie de Flash que sexa divertida, pois iso do home máis rápido do mundo fai que teña unha vantaxe tan grande sobre os demais bastante inxusta, agás cando se enfronta ao Profesor Zoom, que supoño que se desvelará como o grande malvado ao final de tempada ou algo así. Pero o éxito de Arrow (algo do que estou moi sorprendido, pois aínda que eu trague sen problema series como Birds of Prey, nunca as vin como de consumo masivo) parece animar a crear novas series de acción real baseadas en personaxes de DC, comezando polo velocista escarlata, quen terá que derrotar ao Mago do Tempo (ou algo semellante) nas súas primeiras aventuras, polo que podemos ver no trailer da serie:

¿Conseguirán que Flash acade o mesmo éxito que Arrow na televisión? ¿Conseguirá DC trunfar na pequena pantalla así como Marvel fai na grande? No outono sairemos de dúbidas.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Colección friki dun espectador da Galega

    Hai uns días déuseme por recompilar algunhas das películas e series de televisión en DVD, figuras, e outras curiosidades que teño por casa para demostrar que criarse vendo a...
  • Enredando nas noites de Luar

    Durante o verán na revista Código Cero publicamos unha entrevista a Pilar Rodríguez Losada, responsable das redes sociais do Luar, e por se a alguén se lle pasou, pégoa...
  • San Diego Comic-Con, tráilers a mogollón

    Unha ano máis a Comic-Con de San Diego confirmou que xa non é un evento centrado na banda deseñada, senón na industria do lecer en xeral, de xeito que...
  • Unha semana para Wonder Woman

    A primeiros de mes estreouse nunha chea de países o filme de Wonder Woman, polo que levo moitos meses esperando con ilusión, principalmente para poder comprobar se queda esperanza...