5 Febreiro, 2015
A xira por L.A. do programa The Tonight Show está dar froitos moi xugosos, como a impresionante xuntanza dos actores da serie Salvados por la Campana recreando a ficción orixinal nun divertido sketch:
Só faltan Dustin Diamond (Screech), que rematou moi mal co resto do reparto (o que resulta evidente se lemos o seu libro Behind the Bell), e Lark Voorhies (Lisa).
Sorprende ver o ben que se conservan os mociños da serie, que andan todos sobre os 40 anos, e case dan o pego (mentres non se fagan primeiros planos, claro). Unha mágoa que por aquí non se estile iso de facer homenaxes a series vellas. Tería o seu aquel!