Hai que saber perder

Andrés Milleiro subiu á Rede un corte da Cadena SER no que un descerebrado increpaba a Carles Francino por cubrir os resultados electorais dende a madrileña rúa Génova: Agora,...

Andrés Milleiro subiu á Rede un corte da Cadena SER no que un descerebrado increpaba a Carles Francino por cubrir os resultados electorais dende a madrileña rúa Génova:

Agora, no blog de César Calderón (que estrea novo dominio na Internet) avisan de que ese rapaz do que as Novas Xeracións do Partido Popular renegan aparece nun vídeo na web de El Mundo:

¡Que pouco sentidiño teñen algúns! Ata se ve que a xente que ten ó seu carón rin coa reacción do tolambrán.

Por desgraza, o que temían dende Novas Xeracións si pasou, ou sexa, que hoxe na SER poñen o corte do rapaz dicindo parvadas (reproducindo a mesma situación que pacedeu El Follonero na primeira entrega de Salvados por la Campaña) e omiten a intervención final na que se desautoriza a tal individuo 🙁

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • A tradución automática invade a tenda de Kindle en galego

    Na miña intervención na pasada edición do LGx15 facía algúns comentarios sobre os tradutores automáticos, dando a entender que facían auténticas desfeitas simplemente porque algúns entenden que son ferramentas...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • Marcus, p.i. na Radio Galega

    Seguindo unha broma sobre a sintonía da miña sección no programa A Tarde da Radio Galega, pedín ao actor Miguel Pernas que berrase o meu nome para metelo na...
  • Xabaríns na USC

    A semana pasada en Código Cero dimos conta da estrea do xogo Xabaríns na USC, do tolambrán Juan Gestal, a quen ultimamente temos facendo das súas pola cidade da...