Alita Comics estrea podcast (ou algo)

O pasado venres, para celebrar a chegada do Nadal, dende o club de lectura de Alita Comics tiñan organizada unha cuchipanda, o que aproveitouse para xuntar a uns cantos...

Torta do Club de Lectura de Alita Comics

O pasado venres, para celebrar a chegada do Nadal, dende o club de lectura de Alita Comics tiñan organizada unha cuchipanda, o que aproveitouse para xuntar a uns cantos tolos na trastenda para probar un equipo de gravación e ver se de aí podía saír algo divertido. A sobremesa lambona e as beberaxes axudaron a quecen o ambiente, para que a xente se soltase o suficiente como para non terlle medo ao micrófono.

Sanmi e Bill en Alita News

Sanmi comezou disposto a conducir unha versión alfa (que non chega nin a versión de proba) do que podería ser o futuro podcast Alita News, e como grande sorpresa, o bo de Bill converteuse no auténtico protagonista, compartindo os seus moitos coñecementos frikis con soltura. Acompañaron Elvira e Teresa, de xeito que non quedou unha cousa aburrida a dúas voces.

Para ver como vai este experimento, finalmente subiuse á Rede, creando unha canle en iVoox e dando de alta o fluxo de ficheiros de audio en iTunes, polo que aínda que non sexa máis que un experimento, xa é doado seguilo e reproducir o material no noso smartphone ou tableta.

[content_right title=”Farruco”]

Isto é unha experimentación

[/content_right]É difícil aínda saber se este proxecto terá periodicidade, se os colaboradores serán sempre os mesmos, se haberá convidados, se o formato mudará a cada entrega… como diría Farruco, “isto é unha experimentación”, e non sabemos a onde nos levará, pero o que si está claro é que non se limitará a ficheiros de audio, pois a xente de Porco Bravú xa se apuntou a realizar algunhas achegas en vídeo. Seguro que ao non ter un rumbo ben definido veremos moitas cousas desastrosas, pero non estamos ante unha iniciativa profesional, senón un puro divertimento con vocación de contaxiarse a outros frikis. Saia ben ou mal, o importante será divertise facéndoo, e que alguén máis poida gozar do resultado.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS