Alita Comics segue de festa

A semana pasada a tenda no Orzán de Alita Comics foi toda unha festa, coa presentación da edición española de Pretty Deadly, contando coa presenza da súa ilustradora, Emma...

Emma Ríos en Alita Comics

A semana pasada a tenda no Orzán de Alita Comics foi toda unha festa, coa presentación da edición española de Pretty Deadly, contando coa presenza da súa ilustradora, Emma Ríos, quen foi moi amable con todos os presentes, e esforzouse para que os seus seareiros puidesen volver ao seu fogar non só co novo volume, senón tamén con algún bo recordo da xornada.

Emma Ríos dirixíndose aos fans

Emma explicou un pouco a súa aventura con esta adaptación que responde ao nome de Bella Muerte, destacando o traballo que deu a súa tradución para conseguir estar á altura do texto orixinal, un esforzo que poucas veces vese recoñecido.

Todos os que mercamos o cómic recibimos unha lámina de edición limitada de Bella Muerte, aínda que en Alita tamén teñen algunhas outras láminas á venda para os incondicionais de Emma para os que unha lámina non sexa dabondo. Paga a pena botarlles un ollo, e seguro que máis de un ten xa unha das ilustracións na parede da súa casa.

Aparte das láminas, tamén estaban á venda camisetas de Bella Muerte, bastante chulas; e para os que, en vez de cartos, preferisen investir en paciencia, podían agardar na cola para que Emma Ríos lles fixese un curradísimo debuxo. A artista non se conformaba en facer catro garabatos para cumprir co requisito, senón que facía traballos bastante coidados, polos que os autores norteamericanos cobran habitualmente nas convencións de banda deseñada.

Ah, si, e outro agasallo moi curioso que recibimos ao comprar o volume español de Bella Muerte era unha calcomanía co logotipo de Pretty Deadly. Unha frikada que haberá que lucir algún día de verán para dar a nota.

cervexa en Alita Comics

O encontro en Alita Comics era unha auténtica festa, con petiscos, Pepsi, cervexa… e moi bo ambiente, aparecendo por alí tamén outros profesionais do sector, lembrando lixeiramente a festa de inauguración da tenda de Alita en Compostela. Vese que estes mozos saben convocar á xente!

Aurora West en Alita Comics

A precisamente para non parar coa marcha, mañá mesmo queren que volvamos por alí ás 19:00 horas para ver como David Rubín presenta as súas últimas obras: o agardado El Momento de Aurora West, ao que téñolle moitas ganas dende que lin o Battling Boy de Paul Pope (e que saíu á venda hai poucos días) e Las Tripas de El Héroe 2, un volume para os que queren explorar o lapis de Rubín en El Héroe 2, e que coido que sae á venda o 28 de novembro.

E como confirmación de que a cita tamén será festeira, velaquí o cartel feito por Rubín, no que promete licorca:

Cartel de Rubín en Alita Comics

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS