Os galegos Emma Ríos e David Rubín rachan coa pana en novembro

Cando un galego publica un cómic en Galicia resulta doado identificalo como banda deseñada galega pero, ¿como facemos coas obras dun autor galego cando se editan en España como...

David Rubín e Emma Ríos nunha tertulia no Centro Ágora da Coruña

Cando un galego publica un cómic en Galicia resulta doado identificalo como banda deseñada galega pero, ¿como facemos coas obras dun autor galego cando se editan en España como tradución dunha obra publicada inicialmente nos EE.UU.? ¿Chamámoslle banda deseñada gali-ianqui? Algo haberá que inventar… especialmente agora, que no mes de novembro van coincidir nos estantes das librarías dúas obras dignas de mención.

Bella Muerte

Bella MuertePor unha banda Astiberri confirmou que o vindeiro 7 de novembro teremos nas tendas especializadas a agardada tradución ao español do primeiro volume de Pretty Deadly baixo o título Bella Muerte, facilitando que poidamos mercar esta incrible obra de Kelly Sue DeConnick co lapis de Emma Ríos, que definen como un western gótico, que estaría a medio camiño entre Sandman e Predicador segundo algúns (aínda que eu considero que o seu corte é bastante diferente de ambas obras) e que chega a España cunha carta de presentación da que poucas publicacións independentes poden presumir: o seu primeiro número esgotou a súa tiraxe inicial de 57.000 exemplares.

En previsión do éxito que vai ter esta obra no nos mercado, quixeron que a edición española fose de auténtico luxo, e en vez das 120 páxinas do tomo norteamericano, teremos 160 páxinas, ou sexa, unha auténtica barbaridade de contido adicional que o converte nunha peza de colección que compensa sobradamente os 18 euros do seu prezo de portada.

El momento de Aurora West

El momento de Aurora WestPero non é o único volume ao que botar o ollo nas vindeiras semanas, xa que Debolsillo prevé publicar o 9 de novembro (un domingo?!?!) o primeiro volume de El momento de Aurora West, unha historia ambientada no mundo de Battling Boy (Paul Pope), que está debuxada por David Rubín. Esta obra tamén conta con 160 páxinas e terá un prezo de 8,95 euros. Iso si, aínda que no boletín de Debolsillo fixan a data de lanzamento no 9 de novembro, en Amazon figura o día 13 e noutras tendas o día 20, polo que supoño que a dispoñibilidade será moi dispar na xeografía española.

Vaia, que non hai dúbida en que o mes de novembro vai ser un soño para moitos seareiros galegos á banda deseñada, por poder ver como autores locais achegan ao noso mercado obras que están a ser moi ben recibidas nos EE.UU.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS