Pow!! Whap!! sffz!! Batman! Batman! Batman! Batman!

En 11 días verá a luz o último álbum dos The Piano Guys no que destaca especialmente o tema Batman Evolution, no que versionan varios dos temas musicais que...

The Piano Guys na Batcova de 1966

En 11 días verá a luz o último álbum dos The Piano Guys no que destaca especialmente o tema Batman Evolution, no que versionan varios dos temas musicais que acompañaron nas últimas décadas ao gardián de Gotham, e que souberon representar nun magnífico vídeo musical no que aparecen réplicas de varios batmóbiles:

Quedei especialmente impresionado pola recreación da Batcova de 1966. Non só mola o coche, senón tamén o resto da decoración (e o mero feito de que esa parte do vídeo estea en formato 4:3). Realmente quedaría xenial como plató para un programa de televisión friki.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Videoxogos de papel

    A nostalxia ten moita forza, e de cando en vez serve de inspiración para fermosas marabillas, como o vídeo de Eric Powers no que fixo un repaso da historia...
  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Jon Secada no Luar

    E se Jon Secada fose un youtubeiro?

    O 13 de setembro foi un día moi especial na Televisión de Galicia xa que volveu á grella da programación o programa Luar contando coa presenza excepcional de Jon...
  • Novo viral da TVG

    Na Televisión de Galicia hai momentos que pasan á historia, como cando en 2007 ao reporteiro Alberto Mancebo unha nena nunha gardería espetou un sonoro «nos pegan» ou cando...