Un melidense gañou o campionato de tiracroios

Que a coroa do Campionato de Tirapedras fose parar a un de fóra en 2012 era algo que non podía repetirse, e así foi, cunha nova vitoria melidense nesta competición...
O gañador, Manuel Mato, efectuando un dos seus lanzamentos

O gañador, Manuel Mato, efectuando un dos seus lanzamentos

Que a coroa do Campionato de Tirapedras fose parar a un de fóra en 2012 era algo que non podía repetirse, e así foi, cunha nova vitoria melidense nesta competición dun xogo popular a reivindicar:

De notable éxito pode cualificarse o VIII Campionato de Tirapedras da Galiza Central celebrado en Melide no día de hoxe e no que participaron un total de 61 competidores, dos dous sexos e de todas as idades. Entre os participantes atopábanse tanto melidaos e melidás residentes como outras persoas que se encontran pasando as súas vacacións na comarca, e mesmo visitantes circunstanciais e persoas chegadas expresamente para participar no evento. Especialmente significativo foi o número de nenos/as participantes que acadaron o número de 25.

Tirada de adestramento previa á competición

Tirada de adestramento previa á competición

O Campionato, que persegue contribuír á recuperación dos espazos tradicionais de xogo existentes no casco histórico de Melide, foi organizado pola Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, contando co patrocinio do coñecido establecemento local Adega Mandil, e co apoio do Concello de Melide, da Sociedade de Pesca Deportiva Ponte Mazaira e da Comisión de Festas de San Roque.

Os tres gañadores adultos (de esquerda a dereita): Cajide, Mato e Taboada

Os tres gañadores adultos (de esquerda a dereita): Cajide, Mato e Taboada

O gañador absoluto da presente edición do Campionato foi o experimentado tirador melidao Manuel Mato, clasificándose en segundo e terceiro lugar, respectivamente, José Cajide e Manuel Taboada. En categoría infantil, o gañador foi Iago Álvarez, obtendo o segundo lugar Cristhian Garea e o terceiro Sergio Cajide.

Por terceiro ano consecutivo, os tiradores/as reuníronse na emblemática Praza das Coles. As persoas adultas lanzaron a 10 m de distancia contra tres dianas. Os menores fixérono a 5 m. tamén contra tres dianas. Cada lanzador/a dispuxo dun total de seis intentos.

Os tres gañadores infantís, Garea, Cajide e Álvarez, co patrocinador, Xesús Segade, dono da Adega Mandil, patrocinadora do evento

Os tres gañadores infantís, Garea, Cajide e Álvarez, co patrocinador, Xesús Segade, dono da Adega Mandil, patrocinadora do evento

Relación de persoas gañadoras do VIII Campionato de Tirapedras da Galiza Central:

a) Menores de 14 anos:

1º Iago Álvarez

2º Christian Garea.

3º Sergio Cajide

b) Persoas adultas:

1º Manuel Mato

2º José Cajide

3º Manuel Taboada

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS