Hai un par de semanas, Manuel Gago participou no programa Metrópoles Delirantes (no que me pitaron os ouvidos ao citarme por mor dunha confusión entre os nomes Código Cero e Capítulo 0), comentando que o seu blog é o máis antigo do chamado Blogomillo (naceu a finais de 2003), o que levoume a facer memoria do tan marxinado fenómeno galego, do que tiña falado en ocasións como cando este espazo medrara ata o posto 13 da listaxe que facían dende Blogaliza, para intentar visualizar na cabeciña o que fora de tanto espazo na web, comprobando que a impresión que tiña non se axustaba á realidade.
A que me estou a referir? Pois ao feito de que cada moitos meses miraba as ligazóns a outros blogues que teño neste caderno de Internet, e sempre tiña que eliminar varias, pois os blogues pasaran ao esquecemento. Pero resulta que esa percepción é moi subxectiva, pois o que pasa é que, coa excepción dos Manolos (Gago e Bragado) os grandes referentes do Blogomillo si tiraron a toalla, pero iso non significa que fixeran o mesmo todas as publicacións en liña, e para demostralo, collín a coñecida listaxe que elaboraban en Blogaliza tirando axuda de Archive.org, concretamente a do 3 de febreiro de 2008, e comprobei o estado das 100 primeiras, concluíndo que preto dun terzo aínda está a dar guerra.
Tamén podemos comentar que boa parte dos cadernos non están dispoñibles porque desapareceu a plataforma de blogs na que se publicaban, polo que, se non fose así, é posible que aínda estivesen en liña, o que non nos permite saber se estamos ante un peche voluntario deses espazos virtuais.
É posible argumentar que realmente o número de blogues activos é moi inferior ao indicado ao coller os 100 máis relevantes, pero comprobando algúns do resto de cadernos pillados ao chou podemos entender que, aínda que a relación de supervivencia nos últimos 6 anos fose de menos do 30% segue a ser unha porcentaxe bastante boa se a comparamos coa pervivencia de, por exemplo, as contas en servizos en liña. Claramente a caída é moi inferior á que, por exemplo, tivo Tuenti (só por coller un servizo moi popular, existindo moitos outros que tamén padeceron unha sangría de usuarios nos últimos anos), o que considero todo un éxito dentro dos parámetros actuais.
Podedes comprobar a listaxe a continuación, onde aparecen en gris os cadernos desaparecidos ou abandonados (considerei abandonado aos que non publicaron ningunha actualización no que vai de ano):
[custom_table style=”3″]
| Blogue | Última actualización |
|---|---|
| Brétemas | 13 de xuño (nun novo enderezo: bretemas.com) |
| O Blog de Andres Milleiro | 18 de abril (non está en galego) |
| Capítulo 0 | 12 de xuño |
| marcus.es | 10 de xuño |
| A Nosa Biblioteca 2.0 | Xaneiro de 2011 |
| Apocalipse do porco | 14 de maio de 2013 |
| días estranhos | 13 de febreiro de 2011 |
| Nun mundo de paxaradas II | Febreiro de 2013 |
| Beliscos pequenos | Desaparecido |
| A Regueifa | Sen contidos |
| Plataforma Ártabra 21 | 13 de xuño |
| As túas balas | 27 de novembro de 2009 |
| ZERO VACAS | Pechado |
| Atlântico Azul – Paixão pelo Mar | 21 de marzo |
| AUTOXIRO | Pechado |
| Fios invisibles |
4 de decembro de 2012 |
| Calidonia | 8 de xuño (nun novo enderezo: calidonia.eu) |
| ../artesonoro.org | 13 de xuño (non está en galego) |
| Elianinha | Pechado |
| SUSO LISTA, PERCEBEIRO DO RONCUDO | Pechado |
| Amigus | 13 de xuño |
| Galicia Confidencial | 13 de xuño (xa non é un blogue) |
| CINEMA FRIKI | 6 de marzo de 2012 |
| O Porto dos Escravos | 8 de abril |
| Asociación de Usuarios GNIX | Sen contidos |
| as uvas na solaina | 5 de decembro de 2010 |
| [alg-a] | 11 de xuño |
| OUTRAS LERIAS | 15 de abril |
| casatlantica | 9 de xuño de 2009 |
| O demo me leve | 16 de abril de 2012 |
| A Randeeira | Non dispoñible |
| leoeosseus | 13 de xuño |
| A Pícara de Allegue | 24 de decembro de 2009 |
| Sekeirox | 15 de xuño de 2009 |
| A dorfunteca | 28 de xaneiro |
| Blog de Ana B. Bande | 26 de marzo |
| Galpón de Breogán | 25 de febreiro de 2010 |
| si home si | 27 de marzo |
| Opaco | 22 de maio |
| As Crónicas de Gáidil | 9 de outubro de 2010 |
| O levantador de minas | 31 de maio |
| berto | Sen contidos |
| Galicia Gastronomica | 14 de xuño |
| Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol | 13 de xuño |
| ivanpuentes.com | Sen contidos |
| Blas García | 30 de marzo (nun novo enderezo: blasgarcia.com) |
| aLi!! | Desaparecido |
| alicia crece | Suplantado |
| Trebellos | 23 de novembro de 2008 |
| Gradicela | 28 de maio |
| a casa das meigas | Desaparecido |
| O fiolato – gz ceive | Desaparecido |
| novas tecnoloxías | Desaparecido |
| Cabrafanada | Decembro de 2008 |
| cartafol de silencios | Eliminado |
| O Outro Lado do Espello | 21 de xaneiro |
| MariBolheras Precárias | Non responde |
| viaxe polas novas tecnoloxias | Desaparecido |
| Colectivo Fusquenlla | Non dispoñible |
| Diario dum suevo. | 6 de setembro de 2008 |
| ModestoWeb | 3 de xuño |
| BDbanda | 26 de novembro de 2012 |
| SANDMAN DESIGN & ILLUSTRATION | Eliminado |
| artritris | 13 de xuño |
| Komunikando.net | Desaparecido |
| Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial . FGCMF – | 12 de xuño |
| post scriptum | 2 de febreiro de 2007 |
| blog de diana | Desaparecido |
| dor na retina | 7 de outubro de 2011 |
| si home si | Desaparecido |
| VIGOBLOG | 11 de xuño |
| Selva de Esmelle | 5 de xaneiro |
| Moderno de merda | Eliminado |
| Colineta | 29 de abril de 2013 |
| demares | 25 de xuño de 2012 |
| Lareira | Pechado |
| Mensaxe nunha botella | 30 de xuño de 2008 |
| MOVIMENTO POLOS DIREITOS CIVIS | 15 de febreiro de 2013 |
| o leo i arremecághona!!! | 8 de agosto de 2013 |
| o blog dos pelachos | 14 de decembro de 2010 |
| POLÉMICAS, NOTICIAS, CRÍTICAS, CURIOSIDADES, ACTUALIDADE.. | 31 de maio de 2007 |
| GALIZA – ISRAEL | 13 de xuño |
| f-cape.org | 27 de abril de 2012 |
| valdeorosa | 15 de novembro de 2013 |
| Kanikuly | Desaparecido |
| Alfaias | 15 de marzo de 2010 |
| e-music | Desaparecido |
| De pinchos | 18 de marzo de 2013 |
| O bazar de nes | Desaparecido |
| Cineclube de Compostela | 13 de xuño |
| sabela | Sen contidos |
| Chirimbolos e Ourilocelontes | 24 de decembro de 2008 |
| blog and roll… en galego | Pechado |
| Turismo en Galicia | 26 de maio |
| O niño do moucho | 7 de outubro de 2011 |
| Lucensismo e outros males | 3 de maio de 2009 |
| De Sons | Desaparecido |
| Nelly Perez Giraldez | 30 de marzo de 2013 |
| Hora de ler | 11 de xuño |
| cesc | Desaparecido |
[/custom_table]
Que foi entón da tan comentada morte do Blogomillo? Pois o que pasou realmente é que desapareceu o seu núcleo duro, perdeuse a sensación de comunidade, pero non porque os blogues en galego desaparecesen en masa (a caída foi moi paulatina) senón porque a conversa trasladouse a plataformas como Facebook ou Twitter, onde a barreira de acceso para o público aínda é máis baixa que para crear un blog, de xeito que só quedan a alimentar este formato os que queren dicir algo dun xeito máis público ou que prefiren manter o control dos seus contidos, á vez que evitan que estes sexan efémeros (como acontence nas principais plataformas sociais, onde as publicacións duran un suspiro).
Esperemos que os blogs en galego continúen a dar guerra moito tempo, pois é un xeito magnífico de ofrecer contidos en galego na Rede, que permanecen no tempo, e non como o que compartimos en plataformas alleas, onde as palabras lévaas o vento.

Debe estar conectado para enviar un comentario.