Onte pola noite puidemos ver como durante o programa Vía V volveu David Serantes ao que antes chamaban #vidain, espazo promocional de El Corte Inglés que tamén pode verse na sección de Tendencias de La Voz de Galicia, para dar conta desta volta do Galaxy Note Pro de Samsung:
O tablet é un auténtico monstro con procesador de 4 núcleos a 1,9 GHz, 3 Gb de RAM, pantalla de 12,2 polgadas cunha resolución de 2.560 x 1.600 píxeles, cámara traseira de 8 Mpíxeles (para pailáns que saquen fotos con semellante dispositivo), cámara frontal de 2 Mpíxeles, Wi-Fi AC, unha batería de 9.500 mAh e lapis dixitalizador, pero cuns prezos que poden facer fuxir a moitos (o modelo de 32 Gb e Wi-Fi custa 749 euros en El Corte Inglés).
Postos a gastar eses cartos, en recomendaría moito antes un de Microsoft, e supoño que David tamén recomendaría antes un iPad Air. Aínda que Android é un sistema moi sólido en smartphones, en tablets continúan a estar bastante mal, principalmente por carecer de aplicacións debidamente adaptadas.