Monólogos en Melide por cortesía de R

Os Monólogos R están de xira de novo, e desta volta pasarán por Melide, concretamente o 6 de xuño ás 20:30 horas, cando Pepo Suevos e Isi visitarán o...

Monólogos R en Melide

Os Monólogos R están de xira de novo, e desta volta pasarán por Melide, concretamente o 6 de xuño ás 20:30 horas, cando Pepo Suevos e Isi visitarán o Audiotorio local para facer escachar coa risa ao público.

Para poder conseguir unha invitación para o evento haberá que pasar por Hardgalicia, o distribuidor local de R, na que entre os días 22 e 28 de maio repartirán entredas entre os clientes de R, para regalar as restantes ao público xeral a partir do 29 de maio.

A elección de monologuistas parece atinada, pois Touriñán pasou hai poucas semanas polas vila, e Fede non só actuou hai pouquísimo, senón que tamén o teremos o domingo na Festa do Melindre, polo que agradécese que non repitan tan cedo.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS