A Coruña inicia a súa tempada de eventos frikis

A vindeira fin de semana comeza o calendario friki coruñés para o verán, dun xeito un tanto anticipado, xa que entre os días 2 e 4 de maio, de...

MX2014A vindeira fin de semana comeza o calendario friki coruñés para o verán, dun xeito un tanto anticipado, xa que entre os días 2 e 4 de maio, de 17:30 a 21:30 horas van desenvolvese as xornadas MX2014 no local do Movemento Xove no baixo do número 58-B da rúa de Barcelona, con entrada libre e de balde.
Torneos, concursos, sorteos, karaokes, freeplay, xogos de mesa e outras actividades terán lugar neste curioso evento no que a estrela será un torneo de Pokémon XY que principiará o sábado e que xa ten o seu regulamento publicado na web.

Cartel ExpOtaku 2014Pero este só é o primeiro dos moitos encontros que animarán os vindeiros meses, como tamén será o ExpOtaku, que volverá ao recinto feiral de ExpoCoruña durante os días 23, 24 e 25 de maio. Desta volta a organización corre da man da Asociación COGA (Colectivo Otaku Galego) e contará con 20 postos de xogo completos de PS3, Xbox 360 e Wii, zona retro (SNES, N64, GameCube, Mega Drive, Sega Saturn, Dreamcast), torneos nunha pantalla de 50 polgadas patrocinados por Namco Bandai e Fusión Freak, máis de 60 expositores (tendas, artersáns, entidades e fanzines), zona gastronómica, exposición de kimonos, obradoiro de kitsuke, espazo sobre robótica e cultura musical asiática, concursos de cosplay (o domingo os cosplayers entrarán de balde), presenza de produtoras independentes de videoxogos, radio en directo, zona DJ, exhibicións, torneo de Quidditch Muggle, actuacións musicais (White Noise e Haru Ookami)… en definitiva, o mesmo espírito que nas 4 anteriores edicións deste encontro.

E para continuar coa festa, confírmase que entre os días 3 e 6 de xullo HobbyCon terá unha segunda edición, comezando a quecer motores na súa nova páxina web:

HobbyCon 2014

¡Comeza a tempada friki!

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS