Non só de comics vive a Radio CampUSCulturae, e tamén conta cun programa de ciencia e tecnoloxía, Neurobeat, conducido por David Leiro e Marta Trovo, e que tiveron a atención de convidarme a participar na súa terceira entrega, de xeito que xa podo considerarme todo un neurobeater (especialmente despois de verme recibido con música de Kraftwerk, pois desa formación era a sintonía coa que comezaba hai un par de anos o programa Banda Ancha da Radio Galega).
A miña intervención foi telefónica, e conversei con eles sobre as novidades do Mobile World Congress de Barcelona, e espero que no futuro poida achegarme en persoa ao programa para que poida gozarse dunha mellor calidade de son e tamén para coñecer en persoa a esta xente preocupada pola divulgación científica e tecnolóxica que tanta falta fai na nosa sociedade.
Debe estar conectado para enviar un comentario.