21 Febreiro, 2014
Moto G é un smartphone moi atractivo que pode mercarse por 179 e 199 euros en capacidades de 8 e 16 Gb respectivamente, ofrecendo unha das mellores relacións calidade-prezo do mercado, e grazas á colaboración entre Madia Markt e Tuenti a oferta vai ser aínda mellor, pois de adquirir o móbil cunha SIM (sen compromiso de permanencia) de Tuenti Móvil só será preciso pagar 99 euros polo terminal. Unha auténtica ganga para un dos móbiles máis atractivos á venda e que só estará dispoñible ata o vindeiro día 26.
Velaquí o vídeo da promoción:
Ao parecer, hai só 5.000 unidades dispoñibles para toda España, polo que os interesados na compra do móbil teñen que bulir.
Debe estar conectado para enviar un comentario.