Contraste entre o Melide de 1918 e o actual

Manuel Varela vén de publicar en Facebook un bo traballo que consistiu en tomar varias imaxes de Melide en 1918 da colección persoal de Mingos e intentar realizar unha...

Manuel Varela vén de publicar en Facebook un bo traballo que consistiu en tomar varias imaxes de Melide en 1918 da colección persoal de Mingos e intentar realizar unha versión actual das mesmas para poder comprobar de xeito doado o moito que mudou a vila en menos de 100 anos:

Das vellas imaxes da vila o que máis me impresionou sempre son as festas, nas que o que hoxe son zonas axardinadas estaban ateigadas de xente. Iso si, nin que dicir ten que cando cantou Pimpinela no San Ronque había moitísima máis xente, pero é que agora é moito máis doado que se traslade a xente dende outras vilas, polo que non ten tanto mérito.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS