¡A serie de Batman da Galega sairá en DVD!

Esta mañá avisáronme dunha grande nova para os pertencentes á Xeración Xabarín, xa que USA Today confirmou a nova da que onte deu conta Conan O’Brien  a través de...

Robin e Batman facendo uso dun bateléfono

Esta mañá avisáronme dunha grande nova para os pertencentes á Xeración Xabarín, xa que USA Today confirmou a nova da que onte deu conta Conan O’Brien  a través de Twitter: a serie de televisión de Batman dos anos sesenta protagonizada por Adam West e Burt Ward contará cunha edición en DVD que chegará ás tendas este mesmo ano (loxicamente o Blu-ray non ten sentido nunha produción televisiva deste tipo, agás que sexa para roubar os cartos dos consumidores).

Supoño que estaremos ante un produto moi coidado, do que non faltarán edicións especiais (supoño que non evitarán a tentación de facer unha caixa para os discos con forma de batmóbil) e aínda que non sabemos nada máis sobre o tema, coido que en canto o lanzamento estea no horizonte cumpriría contactar coa Warner Bros. para instalos a que incorporen a dobraxe en galego á edición española da serie, para que non pase coma con outras series publicadas nos últimos anos (ou co propio filme de Batman do ano 1966), que ao carecer da pista sonora que nos resulta familiar non resulta atractiva para o público da nosa terra.

ACTUALIZACIÓN: Á Mesa pola Normalización Lingüística tamén pareceulle interesante o asunto, e xa está a levar adiante xestións para facer posible a publicación do DVD de Batman coa pista sonora en galego.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS