Tras moitos días de lío, por fin teño un momento para actualizar o blog, para dar conta de que hai un par de semanas puiden gozar ao máximo do Día do Doutor co gallo da estrea do especial televisivo do 50º aniversario da serie Doctor Who nos cines de Marineda City, e para comezar a noite, xusto despois de volver da celebración do Foro Unirede en Pontevedra, tocou achegarme ata un novo local coruñés, sito na Praza do Comercio, que leva por nome TARDIS.
Localizar o establecemento non é doado, pois non está exactamente na praza, senón na rúa costa arriba que sae da mesma:
Coido que o mellor xeito de describir a TARDIS é dicindo que vén a ser como o Cheers dos frikis coruñeses. Unha mágoa da localización, que non é nada cómoda para deixar o coche (aínda que, ao quedar preto da tenda de comics de Alita na Ronda de Nelle, sempre se poden matar dous paxaros dun tiro).
O local está debidamente doutorizado, cno algún que outro elemento comiqueiro, moi propio da xente que pasa por alí, aínda que botei en falta que non tivesen dentro unha cabina de policía ou, cando menos, unha porta azul que poida servir de photocall.
Despois, xa no cine, a noite foi fabulosa, con moitos frikis de toda Galicia que habitualmente é difícil atopar no mesmo recinto, e entre os que non faltaban cosplayers, entre os que sorprendía a grande participación feminina (o do bolso de K-9 deixoume abraiado).
Para min o máis rechamante foi o feito de que a sala estaba a tope de xente, algo que non vía dende hai anos, incluso nas estreas de blockbusters.
O filme estivo moi ben como homenaxe ao personaxe, aínda que parece que, se queremos acción, deberemos agardar ao episodio de despedida de Matt Smith, que chegará no Nadal, e que ten unha pintaza estupenda:
Debe estar conectado para enviar un comentario.