23 Novembro, 2013
Temos unha curiosa fin de semana por diante, na que coindicen nos cines o 50º aniversario do Doutor Who e o segundo filme de Los Juegos del Hambre. Mesturar ambas historias para presentar unha Battle Royale con todas as rexeneracións do Doutor podería ter o seu aquel, polo que vemos no trailer ficticio de The Doctor Games:
Agardemos que os mozos de Visual Spice Productions nos regalen máis pezas semellantes no futuro. Só polo deseño do logotipo que fixeron coa TARDIS e o desparafusador sónico xa gañaron o meu corazón.
Debe estar conectado para enviar un comentario.