Velaquí temos o segundo trailer do episodio especial do Doutor Who que celebrará o seu 50º aniversario por todo o grande, xuntando en pantalla a varias versión do Doutor:
The Day of the Doctor vai ser un grande fenómeno que, ao parecer, poderemos seguir en vivo e en 3D dende os cines de Marineda City o día 23 pola moite (polo momento só permiten mercar entradas para un concertos de Muse e a nova peli de Los Juegos del Hambre, pero supoño que en breve engadirán o especial do Doutor Who).
Polo que parece, A Coruña é unha das 6 cidades españolas nas que poderá seguirse o evento en directo, fortuna que sospeito que temos polo feito de que en Galicia puidemos seguir a serie clásica do Doutor Who, e entendo que dende Cinesa considerarían que iso podería ser un importante reclamo. Sería un detallazo que a TVG fixese algo en tal data, como botar algúns episodios de Tom Baker na G2, pero supoño que non teñen os dereitos para facer tal.
Estou impaciente por ver en pantalla xuntos a David Tennant, Matt Smith e John Hurt, así como descubrir o papel que interpretarán algúns dos outros doutores convidados como o mítico Tom Baker ou como farán para encaixar na historia ao personaxe de Rose Tyler (Billie Piper).
¿Resistireime a ver a película en pantalla grande? ¿Convertesase a cidade da Coruña no paraíso dos whovians galegos durante unhas poucas horas? Supoño que pronto saberemos máis.
Debe estar conectado para enviar un comentario.