Rapaces falando do Doutor Who

Fine Brothers Productions ten unha canle en YouTube na que destacan unha serie de clips nos que amosan a nenos ou rapaces reaccionando ante contidos que lles poñen diante,...

Fine Brothers Productions ten unha canle en YouTube na que destacan unha serie de clips nos que amosan a nenos ou rapaces reaccionando ante contidos que lles poñen diante, e o que puxeron estes días con mozos vendo os trailers do Doutor Who, seguido dunha serie de preguntas sobre a serie é divertidísimo:

Comprobar que algúns non coñecen a serie, rir do ridículos que son os Daleks (¿un R2D2 dourado?), alucinar cos vídeos ou querer unha placa no automóbil na que poña “o meu outro coche é unha TARDIS” son grandes momentos. A min sorprendeume especialmente ver que o Doutor ten tanto público feminino. Coido que en España non hai tantas mozas seguindo historias de ciencia ficción na tele.

Ah, e outra curiosa peza que publicaron en YouTube hai un par de anos foi un resumo da serie en 6 minutos:

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS