Hello Moto G

Estou alucinando ao ver o anuncio de hoxe de Motorola, pois tras lanzar no mercado norteamericano o Moto X, agora quere volver a ser global e, segundo parece, achegará...

Moto G

Estou alucinando ao ver o anuncio de hoxe de Motorola, pois tras lanzar no mercado norteamericano o Moto X, agora quere volver a ser global e, segundo parece, achegará a partir do 1 de decembro ao mercado español o Moto G, que ten toda a pinta de converterse no smartphone a recomendar á meirande parte de consumidores nos vindeiros meses, pois presenta unha pantalla de alta definición de 4,5 polgadas, un procesador de 4 núcleos, cámara de 5 Mpíxeles (o seu punto feble) e unha batería de 2.300 mAh (o que debería darlle unha autonomía magnífica) por un prezo (libre) de 179 e 199 euros para os modelos con 8 e 16 Gb de almacenamento interno.

De confirmarse todo iso estariamos ante un auténtico terminal gañador, polo que irán de cabeza todos os que ultimamente están a facerse con móbiles chineses de importación, pois conseguen un smartphone máis que aceptable a un prezo axustadísimo. Falamos dun móbil que custaría a metade que o Nexus 5, considerado actualmente como o móbil coa mellor relación calidade-prezo do mercado, pero mantendo o seu atractivo, en boa medida, por chegar con carcasas intercambiables e fundas e protectores de cores.

Moto G

Teño claro que estamos ante un trebello que satisfará a calquera usuario medio de Android (agás que busques unha cámara de grande calidade), coa vantaxe de ter garantida a actualización a Android 4.4 a primeiros do ano que vén, de xeito que axudará a dinamizar o mercado de cara ao Nadal, facilitando que poidamos ver grandes ofertas nas vindeiras semanas ante un rival tan agresivo. Por exemplo, ¿quen pagará 199 euros por un móbil FNAC, bq ou Primux podendo mercar un Motorola polo mesmo prezo?

Tamén debería chamar á reflexión á xente que está a pagar máis de 600 euros por un smartphone de alta gama. ¿De verdade paga a pena soltar tantos cartos nun trebello que en pouco máis dun ano estará á altura de terminais de 200 euros?

NOTA: Dá a impresión de que o único móbil de marca que estaría á altura do Moto G actualmente sería o Samsung ATIV S, que pode adquirirse por uns 196 euros e tería unha pantalla lixeiramente maior e unha cámara decente (aínda que ao funcionar con Windows Phone 8 igual xa non é do agrado de todos os públicos).

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...