O Día do Doutor está preto

Velaquí temos o segundo trailer do episodio especial do Doutor Who que celebrará o seu 50º aniversario por todo o grande, xuntando en pantalla a varias versión do Doutor:...

the Day of the Doctor

Velaquí temos o segundo trailer do episodio especial do Doutor Who que celebrará o seu 50º aniversario por todo o grande, xuntando en pantalla a varias versión do Doutor:

The Day of the Doctor vai ser un grande fenómeno que, ao parecer, poderemos seguir en vivo e en 3D dende os cines de Marineda City o día 23 pola moite (polo momento só permiten mercar entradas para un concertos de Muse e a nova peli de Los Juegos del Hambre, pero supoño que en breve engadirán o especial do Doutor Who).

Polo que parece, A Coruña é unha das 6 cidades españolas nas que poderá seguirse o evento en directo, fortuna que sospeito que temos polo feito de que en Galicia puidemos seguir a serie clásica do Doutor Who, e entendo que dende Cinesa considerarían que iso podería ser un importante reclamo. Sería un detallazo que a TVG fixese algo en tal data, como botar algúns episodios de Tom Baker na G2, pero supoño que non teñen os dereitos para facer tal.

Matt Smith, David Tennant e John Hart

Estou impaciente por ver en pantalla xuntos a David Tennant, Matt Smith e John Hurt, así como descubrir o papel que interpretarán algúns dos outros doutores convidados como o mítico Tom Baker ou como farán para encaixar na historia ao personaxe de Rose Tyler (Billie Piper).

¿Resistireime a ver a película en pantalla grande? ¿Convertesase a cidade da Coruña no paraíso dos whovians galegos durante unhas poucas horas? Supoño que pronto saberemos máis.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS