Ferti mon, o Wrecking Ball á galega

Parece que o taboadés Daniel Moreiras, non está conforme coa repercusión da súa parodia do Gangnam Style, e para rachar con todo na Internet sorpréndenos agora con outra produción...

Parece que o taboadés Daniel Moreiras, non está conforme coa repercusión da súa parodia do Gangnam Style, e para rachar con todo na Internet sorpréndenos agora con outra produción de Páramo Pictures na que atrévese a parodiar o Wrecking Ball de Miley Cyrus (que só leva 277 millóns de reproducións en YouTube) dun xeito moi enxebre e divertido. Desta volta ten todas as papeletas para converterse no ghit do outono na Internet galega.

Para quen queira comparar, velaquí o vídeo orixinal da artista antes coñecida como Hannah Montana (é á que teñen prohibido entrar en todas as tendas de bricolaxe do mundo):

ACTUALIZACIÓN (1-11-2013): O éxito do tema parece confirmado. Cando o publiquei tiña un milleiro de reproducións; esta mañá rondaba as catro mil e á hora de xantar xa dobrara tal cantidade; e esta noite chega aos dezanove mil reproducións. Sabendo o movemento que pode haber a fin de semana, creo que pode superar tranquilamente as cen mil reproducións ao longo da semana que vén, converténdose nun grande éxito na Internet galega.

ACTUALIZACIÓN (4-11-2013): Parece seguir o pulo do vídeo, que na mañá do luns supera as 55 mil reproducións. Non é o anuncio do GADIS, pero os seus recursos son moi inferiores, polo que o seu éxito ten moitísimo máis mérito.

ACTUALIZACIÓN (6-11-2013): O vídeo vai xa polas 87 mil reproducións. ¡Xa falta menos para as 100.000!

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS