27 Outubro, 2013
Os vindeiros 23 e 24 de novembro celebrarase en Melide a primeira edición do #Melidefest, evento que entendo que quere ser un Oktoberfest enxebre, pois pretende que as protagonistas sexan cervexas artesás galegas. Supoño que acelebración será semellante ao Oktoberfest que hai todos os veráns na Coruña, cunha carpa na que pódese degustar cervexa e certo tipo de comidas asociadas á cultura alemá, aínda que é de agardar que nas vindeiras semanas vaian dando detalles desta celebración que xa ten cartel promocional:
Debe estar conectado para enviar un comentario.