Para conmemorar o 75º aniversario de Superman, o director de cine Zack Snyder (responsable do último filme do Home de Aceiro) e Bruce Timm (a quen debemos moitas das series animadas de personaxes de DC) crearon unha impresionante curtametraxe na que fan un repaso da historia de Superman partindo da portada do nº 1 de Action Comics e chegando ata o filme de Snyder.
Podemos ver a evolución do Superman que salta ao que voa, repasar a etapa más fantástica do personaxe, lembrar algunha das súas encarnacións televisivas e cinematográficas, destacar a súa morte e resurrección e mesmo contemplar a patética versión actual do personaxe, pero deixando no camiño a magnífica etapa de John Byrne, que para min foi o maior acerto no percorrido do personaxe (principalmente por limitar os seus poderes para que non tivese que enfrontarse sempre a grandes ameazas cósmicas, e puidese baixar máis á rúa).
O que me queda claro é que Superman gozaba dunha saúde moito mellor nos comics cando se celebrou o seu 50º aniversario (con autores como Byrne e Pérez ao lapis) que agora. Espero que cando o derradeiro fillo de Krypton sexa centenario teña recuperado a súa honra.