¡Basta xa! ¡¿Non chegou con tanto vídeo e foto de gatos como hai na Rede?! Hai cousas mellores, e podémolo demostrar. E precisamente por iso crearon unha páxina web chamada Betterthankittens na que contrastan imaxes de gatos con outras cousas que mandan os usuarios, para que os visitantes elixan a súa fotografía que prefiren, e así poder elixir o tipo de cousas que a xente prefire aos michiños, e xa atoparon varios exemplos:
Pareceume especialmente friki que un clásico de Casio destacase, así como o feito de que un ratiño puidexe resultar máis feitiño que un gato (o da moza xa non é ningunha sorpresa). O caso é que hai que deixar constancia que o dos gatos é xa unha praga que convén parar. Por deus, ¡se nos EE.UU. até teñen un festival de vídeos de gatos na Internet!
¡Boikot xa! ¡Basta de gatos! ¡Que chegue a hora dos cadelos! [icon icon=”0035.png”][/icon]
Debe estar conectado para enviar un comentario.