María Yáñez en El Correo Galego

Mi hermano pilló este domingo El Correo Gallego para ver la noticia del concurso de chistes, y cuando me lo pasó me sorprendió al ver a María Yáñez en...

Mi hermano pilló este domingo El Correo Gallego para ver la noticia del concurso de chistes, y cuando me lo pasó me sorprendió al ver a María Yáñez en la contraportada, por lo que reproduzco aquí la entrevista que le hizo Roberto G. Méndez por si a alguien le interesa:

María Yáñez no Correo Galego– ¿Recorda vostede o mundo sen Internet?

Vagamente.
– ¿E como era?
– Como este, pero sen
rematar.
– Faltaba Internet…
– Claro. Eu aínda non o
chamaba así, pero xa o imaxinaba.
– ¿E parecíase a
isto?

– Nunhas cousas, bastante, e noutras, déalle
tempo.
– Non teño datos, pero hai quen di que hai vida fóra da
rede.
– Xa, home, xa. ¿Onde cre que vivo eu? E é unha vida tan
bonita ou tan fea como a de dentro. Eu mesma levaba desde xaneiro sen ADSL na
casa e sobrevivín.
– ¿Que me di? ¿Como?
– Vale,
desesperada. Pero sobrevivín.
– Cónteme qué botou de menos, ande, que
así aforro o trago.
– A comunicación. Internet é sobre todo iso. E a
posibilidade de non facer persoalmente nada que non che apeteza facer
persoalmente.
– Non falará de cousas como a declaración da renda, ese
gozo secreto…
– ¡Nooon…! Falo de todo o demais. De saber qué
farmacia está de garda antes de saír a mollarse por aí fóra, por
exemplo.
– ¿Como foi o seu primeiro correo electrónico?

Uf. Unha viaxe.
– Ala, ala…
– Sería 1997, ou así. Fixen
cunha amiga un curso de iniciación a Internet que daban na facultade. E o correo
estivo ben, pero cando empezamos a descubrir as páxinas dos nosos grupos
favoritos xa foi unha pasada.
– E iso que aínda lles faltaba o
eMule…

– Shissst. Á semana seguinte convencín os meus pais para
que investisen nunha conexión a pasta que pensaban gastar no meu carné de
conducir.
– É que non había cor: entre conducir e
navegar…
– Iso pensaba eu. E tamén que aquela burbulla das
puntocom ía darnos de comer a todos, se é que non nos facía ricos.

Pero estoupou.

– Estoupou. Élle o que teñen as burbullas. O que si
creo é que agora, con isto dos blogs, e tal, vivimos unha especie de segunda
revolución na rede: calquera pode ter unha páxina para contar as súas
cousas.
– E gratis.
– E fácil.
– E con
lectores. Porque é vostede unha especie de gurú dixital grazas ó seu
blog.

– Non, ¿non? Ou se cadra si, vaia. Pero foi sen querer. Eu
empecei co meu blog polo que empeza todo o mundo.
– ¿Por que empeza
todo o mundo?

– Por probar.
– ¿E xa está?

Xa está.
– ¿Daquela por que segue?
– ¿Todo o mundo, ou
eu?
– Ambos.
– Pois por seguir probando. E porque mola
ter o teu propio taboleiro e publicar o que che dea a gana. E por esa sensación
tan gratificante de lanzarte ó mundo e que haxa alguén do outro lado. E non sei,
por todo. E por nada. E ó revés.
– Iso soa ó nome do seu
blog…

– O nome do meu blog é espantoso, xa, pero foi o que se me
ocorreu: Todo Nada. E ten o seu sentido, ¿eh?
– Estou seguro
de que si…

– Ah.
¿Cal é?
– Boh. É unha
expresión que usamos moito no meu contorno: todo nada, todo quedou en nada, todo
é nada, non sei… Non poña esa cara, que o nome é feo, pero tampouco
tanto.
– Non é que sexa feo. É contraditorio: ou todo, ou
nada.

– Ou as dúas cousas. ¿Non ve que un blog, en si mesmo, xa é
contraditorio? Búsque unha comunicación máis persoal e, ó mesmo tempo, máis
pública.
– Paso palabra.
– Pois xa está. De todos os xeitos, eu teño o meu
un pouco abandonado.
– Muller, é que fai un xornal…

Si, claro. É por iso.
– ¿Que busca un internauta nun medio dixital
como ‘Vieiros’?
– O que busca na rede en xeral: o último do
último. A inmediatez absoluta. Para un internauta fetén, a radio xa é
lenta.
– Qué estrés.
– E qué traballo. Xa hai tantísimo
material colgado que, ou o fas mellor que ninguén, ou o fas distinto. Agora todo
o mundo ten algo que contar.
– Pois como sempre, ¿non?

Si. Só que agora todo o mundo o conta.
– Perdoe que me repita: qué
estrés.
– Tamén é estimulante. Obriga a estar cos ollos moi
abertos.
– Pero abertos á pantalla, supoño: ou sexa, a medio
abrir.

– Ese é o perigo, ten razón: pensar que a realidade é esta
cousa cadrada. E ás veces non coinciden.
– Non me diga que hai cousas
que existen e non están en Internet…

– Hai, hai. Moitas. Procure
non perder ningunha, faga coma min.

Para el que no se dé cuenta todavía quién es María Yáñez, comentaré que actualmente dirige Vieiros y lleva el blog Todo Nada que se hizo muy popular en Melide por sus comentarios sobre la Cacharra (recordemos el post de O ano da Cacharra). Eso sí, para explicar en mi casa quién es María tuve que utilizar la expresión “la jefa de Conchi” y eso ya es algo triste (prefiero conocer a la gente por sus obras que por las relaciones personales que tenga).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Enredando nas noites de Luar

    Durante o verán na revista Código Cero publicamos unha entrevista a Pilar Rodríguez Losada, responsable das redes sociais do Luar, e por se a alguén se lle pasou, pégoa...
  • A tradución automática invade a tenda de Kindle en galego

    Na miña intervención na pasada edición do LGx15 facía algúns comentarios sobre os tradutores automáticos, dando a entender que facían auténticas desfeitas simplemente porque algúns entenden que son ferramentas...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • PSY segue moi vivo

    Hai moito tempo que o rapeiro PSY non ten un superéxito en YouTube, pero iso non quere dicir que desparecerse ou que estivese quieto, senón que é moi complicado...