2 Outubro, 2013
Unha señorita chamada Marina V. Shifrin, que di ser escritora, cómica e camareira, estaba ata a tetas do seu traballo, e para despedirse decidiu gravar un vídeo musical co tema Gone de Kanye West no que explicaba os seus motivos, converténdose nun fenómeno viral con máis de 6 millóns de reproducións:
Pero o peor de intentar aproveitar a viralidade dun vídeo para conseguir repercusión é que pode volverse contra un, e agora xa hai un vídeo de resposta do estudio Next Media Animation, que resulta moito máis divertido que o anterior, converténdose en todo un “zas, ¡en toda la boca!”:
En vista do acontecido, sospeito que nos vindeiros días a canción de Kanye West vai acompañar a moitos vídeos en YouTube. [icon icon=”0034.png”][/icon]