Se Daft Punk celebrase o Aninovo xudeu…

Teño que admitir que non tiña nin idea de que estes días os xudeus estaban a celebrar o seu Aninovo (Rosh Hashaná), pero descubrilo a través dun vídeo viral...

Get Clarity

Teño que admitir que non tiña nin idea de que estes días os xudeus estaban a celebrar o seu Aninovo (Rosh Hashaná), pero descubrilo a través dun vídeo viral en YouTube é un puntazo. Resulta que está a arrasar un vídeo musical no que versionan o Get Lucky de Daft Punk para falar da súa celebración. O vídeo é moi divertido, con rapaces pegando chimpos e un rabino marchoso que encaixaría perfectamente nos ZZ Top:

Pero explorando a súa canle de YouTube vin que non era a primeira vez que esa xente facía o mesmo, e o ano paso atrevéronse a inspirarse en One Direction (¡animaliños!):

Un pouco máis de gusto amosaron hai 2 anos, ao coller o Party Rock Anthem de LMFAO:

Dubido que este tipo de caralladas teñan impacto nos sentimentos relixiosos, pero o que parece seguro é que o pasaron ben gravando os vídeos, e vendo que este último superou os 2,6 millóns de reproducións, supoño que tamén sentiron un grande recoñecemento polo seu traballo. ¡Feliz Aninovo!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS