As larpeiradas de Android

Durante a tarde de onte Google sorprendeu a moitos anunciando que Android 4.4 vai levar por nome KitKat, entrando nun perigoso xogo no que o sistema operativo móbil de...

Android KitKat

Durante a tarde de onte Google sorprendeu a moitos anunciando que Android 4.4 vai levar por nome KitKat, entrando nun perigoso xogo no que o sistema operativo móbil de máis éxito poida empregar marcas comerciais (o que podería verse como publicidade encuberta), pero para min abre un interesante debate sobre os nomes que terían que ter as seguintes versións de Android. ¿Animádesvos a facer suxestións?

Twix Mars Lion e KitKatPara comezar, dado que o anuncio foi toda unha sorpresa, supoño que os dos ovos Kinder sentíronse un pouco ofendidos pero, para a seguinte letra, o L, ¿ocórresevos algunha larpeirada? Nun principio teriamos doado coller o resto de snacks que se puxeron de moda xunto ao KitKat (cando menos en España) como serían o Lion, o Mars e o Raider/Twix.

Pero claro, o do Mars estaría moi complicado, pois tería un competidor moi duro coma os M&M’s e, como non, os melindres; aínda que na seguinte letra a cousa parecería máis clara. ¿Quen dubidaría en España en adxudicar o N a Nocilla? Tamén parece moi claro que o P tocaríalle aos Phoskitos e o S aos Sugus; pero letras como o T poderían levar tamén a liortas (¿Twix ou Tigretón?). O peor de todo o conto é que, ao comezar a coñecerse os nomes co Android 1.5 Cupcake… ¡deixaron fóra ao clásico Bollycao! ¡Ai, estes de Google! ¡Que falta de ignorancia! [icon icon=”0034.png”][/icon]

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...