¿Canto sabes da Terra de Melide?

O pasado sábado a capela de San Antón acubillou a presentación dun xogo de balde para Android nacido dunha teima de Xesús Freire, presidente do SNL da Terra de...

o novo trivial na capela de San Antón

O pasado sábado a capela de San Antón acubillou a presentación dun xogo de balde para Android nacido dunha teima de Xesús Freire, presidente do SNL da Terra de Melide, e que recolle 200 preguntas sobre a nosa comarca repartidas nas categorías de Historia, Arte, Cultura e Sociedade, Personaxes Célebres e Medio, que dun xeito moi directo e minimalística ínstanos a baternos con outros veciños para comprobar os nosos coñecementos sobre o noso contorno, para o que recolleron moita información coa que dificilmente teriamos topado doutro xeito, por mesturarse datos extraídos de entrevistas persoais, de artigos de prensa, de libros e dos boletíns do Museo, e que admitamos que non son a nosa lectura diaria.

presentación do Trivial

O Trivial da Terra de Melide pode descargarse de balde de Google Play, centra o seu funcionamento no noso dispositivo local e carece de elementos que serían de agradecer como a representación dun taboleiro ou preguntas con imaxes, pero como atractivo ten unha dificultade elevadísima que converte nun reto atinar as suficientes preguntas como para rematar unha partida (pese a que podemos fallar ata 5 preguntas).

Ao tratar temas moi locais, recoméndase xogar a este trivial en grupo, para poder intercambiar comentarios que contextualicen as preguntas mentres se bota unha partida. Unha experiencia moi recomendable que agardemos que vivan os escolares da bisbarra, para aprender algo máis das vilas de Melide, Toques e Santiso, sen limitar os seus coñecementos ao que poden ler nos seus libros de texto.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...