22 Agosto, 2013
O vindeiro sábado ás 19:30 horas 20:30 horas a Campela de Santo Antón en Melide vai ser o escenario dunha interesante presentación: un trivial para smartphones e tablets con Android que arrincará con 200 preguntas en 5 categorías.
Estamos ante un proxecto ideado por Xesús Freire (a quen na miña casa coñecemos como Suso o de Puntero) ao que teño ganas de botar un ollo, aínda que temo que como xogador vou ser nefasto, agás que sexa posible acertar ao chou. Intenterai contar algo sobre o xogo tras a súa presentación.
Debe estar conectado para enviar un comentario.