Trailer brutal de Kick-Ass 2

A primeira película de Kick-Ass conseguiu ser moi divertida e plasmar moi ben o cómic no que se inspira (pese a que a mensaxe de fondo fose a contraria),...

A primeira película de Kick-Ass conseguiu ser moi divertida e plasmar moi ben o cómic no que se inspira (pese a que a mensaxe de fondo fose a contraria), pero agora que temos un novo trailer da súa secuela dáme a impresión de que Kick-Ass 2: Con un par só vai estar lixeiramente inspirada na súa versión impresa.

O vídeo amosa un nivel de acción que non sae na banda deseñada, polo que supoño que colleron as súas liñas argumentais e as adaptaron ao seu xeito, seguindo os patróns do primeiro filme, no que promete ser unha película digna de ir ver ao cine o vindeiro 30 de agosto. Só espero que non remate cun ridículo cliffhanger.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS