Noites de Cine na Coruña

A película esa que fixo Dygra chamada Soño dunha noite de San Xoán, que vende como aunha auténtica obra mestra da animación tridimensional e non deixa de ser un...

Noite de CineA película esa que fixo Dygra chamada Soño dunha noite de San Xoán, que vende como aunha auténtica obra mestra da animación tridimensional e non deixa de ser un produto mediocre dentro do panorama audiovisual europeo (que tampouco destaca a nivel mundial) poderase ver de balde na Praza de Pablo Iglesias (O Castrillón, A Coruña) este mércores 16 ás 22:30 horas dentro do programa Noite de Cine (que ten unha web sen actualizar).
O Paseo das Pontes acollerá o día 17 a película Las Crónicas de Narnia e a cousa esa do Sr. y Sra. Smith se poderá ver na Praza de Santiago Casares o día 22 e no Parque de Eirís o día 26. Como as pelis son de balde e orientadas os cativos a iniciativa non está mal, pero non entendo cómo inclúen a película de Brad Pitt e Angelina Jolie, porque non parece moi axeitada para os novos, xa que só vende o atractivo físico dos protagonistas e moitos tiros e violencia. Ademais, se comentamos que vén a ser un remake da magnífica El honor de los Prizzi non me cortaría en afirmar que a película actual é unha merda pinchada nun pau.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS