O vindeiro domingo ás 22:34 horas volve á grella da TVG o programa Vaia Troula, e para estrear tempada Nieves Rodríguez trasladouse a Melide para achegar a súa visión da 1ª Feira Gastronómica Pulpo no Camiño, que pese ao tempo, conseguiu congregar a bastantes veciños e visitantes no centro da vila.
Sorprendía a cantidade de xente que, pouco despois das doce da mañá, xa se animaba a tomar un prato de polbo, aínda que hai que recoñecer que moitos eran peregrinos, para os que supoño que non era precisamente cedo.
O principal atractivo do evento era o prato máis grande do mundo, que para min foi unha decepción de 3,7 metros de diámetro, pois agardaba ver o prato de madeira cheo de polbo, e ao final só estaba exposto para que o vise o público, anunciándose que a oportunidade de velo cuberto polo delicioso cefalópodo quedaría para máis adiante (¿antes do mes de agosto?). Vese que non quixeron queimar toda a pólvora de vez.
Fixo acto de presenza Xacobo Pérez (cara moi popular na TVG) presentando un acto no que recoñeceuse cun garlardón ao veciño Francisco Porto Parrado, por levar o nome de Melide por todo o mundo a lombos do seu burro Ferrari.
A curiosa xornada matinal foi amenizada por charangas como Os Amigos de Visantoña:
E non menos animados foron os integrantes da charanga melidense Tralla:
Que non se diga que as nubes e o frío mataron o espírito festeiro, especialmente para máis dun picarón:
Non puiden evitar fixarme no detalle. [icon icon=”0034.png”][/icon]
Debe estar conectado para enviar un comentario.