Karaoke na estación de servizo

As cámaras ocultas e moitas outras bromas feitas na rúa poden chegar a ter o seu aquel ao ver a reacción da xente, pero hai ocasións nas que sorprenden...

As cámaras ocultas e moitas outras bromas feitas na rúa poden chegar a ter o seu aquel ao ver a reacción da xente, pero hai ocasións nas que sorprenden co seu resultado, chegando a superar aos talent shows que están tan de moda, como fixeron no The Tonight Show da NBC, ao ofrecer carburante de balde a cambio de cantar unha canción. O resultado foi abraiante.

Supoño que a intención inicial era amosar a cara de parvos que se lle quedaba á xente da estación de servizo ao ver a un usuario cantando a un surtidor, pero finalmente o que tiveron foi un espectáculo musical divertidísimo. ¿Creará tendencia? Porque en YouTube xa vai camiño dos 11 millóns de reproducións…

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS