O último anuncio de Larsa que están a botar por radio e televisión está a fartarme, non porque non estea ben feito, senón porque non concordo en absoluto coa súa mensaxe, porque o repiten ata a saciedade e porque co “desconeting e desfruta” conseguiron cometer 2 faltas ortográficas en 3 palabras (sería “disconnecting e goza” ou, de querer sen máis enxebre, “desconetin e goza”).
E por culpa de escoitar tantas veces o anuncio, agora, cando teño algún problema de conectividade no ordenador ou no móbil, non podo esquecer que me veña á memoria o vello do vídeo berrando “desconetiiiin” e ponme de mal humor. De feito, estou a propor aos de R que metan ese momento como mensaxe de erro nos seus routers, só para comprobar o que tardarían en saír voando pola fiestra despois de tal puteo. [icon icon=”0034.png”][/icon] Sería un descolloning.
Debe estar conectado para enviar un comentario.