Esta noite será o derradeiro programa de Tourilandia

Toda unha peniña ler na páxina web de Airapro que mañá, tras 35 emisións, o programa Tourilandia dirá adeus á grella da Televisión de Galicia, polo que quedamos sen...

Toda unha peniña ler na páxina web de Airapro que mañá, tras 35 emisións, o programa Tourilandia dirá adeus á grella da Televisión de Galicia, polo que quedamos sen un espazo máis de humor made in Ghalisia, que aínda que non fose do gusto de todos, era un curruncho para moitos dos artistas da risa que temos na nosa terra, e só por iso xa pagaba a pena.

Non queda máis que agradecer a Xosé A. Touriñán, Marcos Pereiro, Federico Pérez e a todo o seu equipo polo seu bo facer, e por intentar achegar ao público mozo á Galega, algo que non resulta doado, sendo un esforzo que poucos culminaron con éxito (o fenómeno Xabarín resístese a repetirse).

A despedida de Tourilandia, en vez de ser o xoves, será hoxe mesmo, o que pilla por sorpresa a case todos os seus seareiros (e incluso aos responsables da web da CRTVG, que manteñen o programa na grella do xoves). Resulta difícil de entender un adeus tan repentino, e espero que sexa só un ata pronto.

ACTUALIZACIÓN: Velaquí o vídeo co que Tourilandia despide a súa canle de Youtube:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS