Repuntan as vendas en Mercamelide

Parece que a campaña propocional de Mercamelide deu o seu resultado, e este ano repuntaron as vendas segundo publican na páxina web do Concello: A feira de saldos, Mercamelide,...

Parece que a campaña propocional de Mercamelide deu o seu resultado, e este ano repuntaron as vendas segundo publican na páxina web do Concello:

A feira de saldos, Mercamelide, pecha a súa undécima edición cun repunte de ventas

A undécima edición do Mercamelide celebrada a pasada fin de semana tivo un balance positivo entre os 30 stands que participaron na mesma, sendo todos pertencentes ao comercio melidá. Un dos grandes atractivos da feira son os prezos reducidos en artigos de calidade, ademáis de posuír unha zona de ocio para os cativos da casa.

A undécima edición do Mercamelide tivo lugar esta fin de semana no Palacio de Congresos e Exposicións da vila. Foron un total de 30 stands comerciais 100% comercio melidá, -a pesares do interese doutros comercios doutros concellos- que mostraron os seus produtos a un prezo reducido para

salvar a temporada de inverno que está a resentir o pequeno comercio a causa da crise.

Sen embargo, a gran afluencia de xente, a gran variedade de artigos de todo tipo de gran calidade a prezos reducidos dá un balón de aire aos comerciantes quenes fan un balance desta feira positivo.

A inauguración da mesma asistiron o deputado provincial de promoción económica, Antonio Cañás xunto co Miguel de Santiago, tamén deputado do organismo provincial, xunto coa alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez, o concelleiro de promoción económica, Santos López e membros da corporación municipal. Trátase de difundir o espiritú do Mercamelide que non é outro máis que dinamizar o comercio local melidá, con píldoras de innovación edición tras edición, como pode ser o caso do circuíto de setways que tivo un gran éxito entre os asistentes.

Ten mérito que o certame non fose unha desfeita, polas malas condicións climatolóxicas do pasado domingo, pois hai que recoñecer que en Galicia o tempo é un dos factores que máis afectan á afluencia de xente aos eventos de fin de semana.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS