Mercamelide celebrará unha nova edición a semana que vén

A pasada fin de semana, ao chegar a Melide, vin no cruce anuncios que puñan data da vindeira edición de Mercamelide, feira de oportunidades que chega rá en 11...

A pasada fin de semana, ao chegar a Melide, vin no cruce anuncios que puñan data da vindeira edición de Mercamelide, feira de oportunidades que chega rá en 11 días á súa vindeira edición, e que hoxe presentaron oficialmente no Concello:

A undécima edición do Mercamelide celebrarase 16 e 17 de febreiro

A alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez, mailo concelleiro de Promoción Económica, Santos López, xunto coa presidencia de ASETEM Sonia Valiño, presentaron a XI do Mercamelide. Nesta edición os máis cativos da casa poderán desfrutar de xogos, inchables, coches eléctricos e sitway o que compaxinará o tempo de compra co lecer. Por outra banda, os que así o queiran, o domingo 17 poderán desfrutar da boa mesa cun cocido galego, propio das datas, por un prezo competitivo.
O Edificio Multiusos foi o escenario escollido polo goberno local para presentar a XI edición da feira de oportunidades de inverno por excelencia, o Mercamelide. Como nas pasadas edicións, poñeranse a disposición dos clientes roupa, electrodomésticos, calzado, enxoval, mobles, cosméticos e perfumería, -entre outros- a prezos reducidos.

A feira abrirá as súas portas ás 11 da mañá do día 16 de febreiro en horario ininterrompido ata as 20.00 h no Pazo de congresos e exposicións. Tamén haberá unha zona habilitada para os máis cativos e cativas da vila con inchables, xogos infantís, coches eléctricos e sitway que permitirá un tempo de compras máis relaxado.

Entre os compradores sortearanse dúas cestas con produtos gastronómicos variados ademais dun sorteo de 500 € entre aqueles que efectúen as súas compras no Mercamelide. Serán 32 expositores os que participarán nesta edición da feira de rebaixas de inverno melidá.

A alcaldesa de Melide mailo Concelleiro de Promoción Económica destacaron a importancia desta iniciativa económica e comercial para a comarca, que ademais de ofrecer produtos de calidade a prezos baixos, permite sacar o stock comercial á venta do público xeral.

Santos López, apuntou os intentos de facer de cada edición do Mercamelide especial, neste caso o eido gastronómico das datas de entroido non se esquece, xa que o domingo día 17 todos aqueles interesados por un módico prezo de 18 € poderán degustar un cocido galego e sobremesas típicas do Entroido.

Velaquí o cartel da nova edición de Mercamelide:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS