Programa do Entroido 2013 en Melide

A celebración do Entroido deste ano xa ten pechado o seu programa de actividades, con pasarrúas, festa infantil e concurso de disfraces como en pasadas edicións: Velaquí as bases...

A celebración do Entroido deste ano xa ten pechado o seu programa de actividades, con pasarrúas, festa infantil e concurso de disfraces como en pasadas edicións:

Velaquí as bases do concurso de disfraces:

INSCRICIÓN E PARTICIPACIÓN

• Para participar no concurso é necesario inscribirse. Poderás facelo:
-Até o 11 de febreiro de 2013 ás 14.00 h no departamento de Cultura do Concello de Melide.
-No Cantón de San Roque en horario de 16.30 a 17.00 ho propio día do concurso, antes de dar comezo o desfile de Entroido.
• Os menores de idade non poderán participar na categoria de individual.
• Todos os participantes deberán estar unha hora antes do desfile no Cantón de San Roque, debendo realizar o desfile completo co percorrido que sinale a organización.
• Os participantes no concurso deberán traer a música en formato CD ou memoria USB e o seu desfile polo escenario non durará máis de 2 minutos.

PREMIOS POR CATEGORÍAS

COMPARSAS:(+ de 8 persoas)
– 1.2 premio: 700 € en metálico
– 2.2 premio: 550 € en metálico
GRUPOS: (2-8 persoas)
– 1.2 premio: 300 €
– 2.2 premio: 200 €
INDIVIDUAIS:
– 1.2 premio: 150 € en metálico
– 2.2 premio: 100 € en metálico
A todos os premios aplicaráselles a súa correspondente retención segundo o regulamento do IRPF.

XURADO E CRITERIOS DE SELECCIÓN

• O xurado estará formado por membros de diversas asociacións e entidades deste Concello, ou persoas vinculadas ao mundo da cultura e tradicións.
• A decisión do xurado realizarase ao remate do concurso. O xurado terá liberdade de criterio para establecer as súas cualificacións en cada unha das categorías mais deberá prestar atención a cuestións como: número de membros, orixinalidade dos disfraces, vestiario e maquillaxe, coreografia e música, traballo feito a man e posta en escea.
A resolución será inapelábel e os premios poderanse declarar desertos se o xurado o considera oportuno.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS