14 Xullo, 2008
Hoxe en Voces de Galicia tocou volver a falar da Canción do Verán de RadioVoz e do fenómeno do iPhone 3G (non aportei nada novo), e tamén comentei con Isidoro algunha nova tecnolóxica máis:
De todos os xeitos, coido que do que si pagaba a pena falar era da innovación en Mininova, que aínda que na radio sexa difícil de explicar, para quen descargue de BitTorrent é unha pasada, pois consiste na creación dun fluxo RSS cos nosos torrents favoritos, de xeito que cando marcamos algo en Mininova (dende o noso PC, no ordenador do traballo, dende o navegador do móbil…) coma favorito facemos que o equipo dende o que descargamos da Rede inicie automaticamente a descarga dos ficheiros que desexamos. É unha solución moito máis cómoda que acceder ao BitTorrent dende un servidor web (WebUI) e cousas polo estilo (normalmente afastadas de usuarios novatos), e de seguro que será moi ben recibida por todos aqueles que descarguen series e películas dende o ordenador da casa, e queiran iniciar novas descargas dende o traballo.
Gustaría desta mesma característica nas páxinas dende as que descargo habitualmente, xa que non só fai máis automática a descarga, senón que tamén a fai máis limpa, pois a descarga dos torrents é transparente ao usuario.